Sunday 28 de April de 2024

Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:


Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:
Exposición de motivos:
Estamos a recibir varias queixas por parte de pais e nais do alumnado do Instituto da Laracha porque os seus fillos e fillas teñen que soportar as inclemencias climáticas antes de entrar nas aulas que , se ven non é un tempo excesivo, no peor do inverno provoca que a rapazada teña que estar a intemperie. Por outra banda, consideran que sería positivo que poidesen pasar mais tempo fóra nas horas de recreo sen ter que estar expostos á choiva. Todo isto tería solución dotando as instalacións dunhas zonas cubertas exteriores.
Do mesmo xeito, e relacionado con isto, sae a luz a vella promesa que fixera o daquela conselleiro de educación Jesus Vázquez, na sua visita ao colexio Otero Pedraio, dunha pasarela cuberta entre os dous edificios existentes naquel momento. A día de hoxe, a realidade é que os nenos e nenas se siguen mollando para acceder o edificio onde se ubica o comedor.
Por todo o exposto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes
ACORDOS:

• Instar ao Goberno Municipal Concello da Laracha para que reclame á Consellería de Educación da Xunta de Galicia acometer obras nos recintos educativos da capital municipal, Instituto Agra de Leborís e Colexio Otero Pedraio, para dotar ambas instalacións de espazos exteriores cubertos onde resgardarse da choiva